Falece un traballador ao caer nunha obra en construción en Negreira

A vítima participaba na obra dun edificio situado na Avenida de Santiago, en Negreira.

Ao fío das nove desta mañá, o 112 Galicia recibiu unha primeira chamada de aviso sobre un posible accidente laboral nun inmoble aínda en construción. A caída dun traballador motivou a activación dos recursos de emerxencias necesarios como a asistencia sanitaria urxente e a presenza do corpo de seguridade da Policía Local. Tamén dos axentes da Garda Civil, que enviaron unha dotación ao lugar co fin de recoller toda a información relativa a este sinistro no eido laboral.

Co paso dos minutos, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o falecemento do traballador.  

INFORMACIÓN-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos