Atopan o cadáver dun home durante a extinción dun incendio nun cuberto na Baña

Foto- g24.gal / Noticia- Axega 112

O lume destruíu o alpendre que outrora foi unha carpintaría.

Os Bombeiros de Santa Comba atoparon o cadáver dun home cando comezaban coas labores de extinción dun incendio, que preto das catro desta madrugada iniciouse nun cuberto anexo a unha vivenda situada no Sino, no concello coruñés da Baña.

Segundo explicaron os veciños a través das súas chamadas ao 112 Galicia, nesa casa habitaban unha nai co seu fillo. A señora estaba fóra da vivenda, pero non así o fillo, que aínda non fora localizado.

Máis tarde, o equipo de extinción atopou o corpo sen vida dun home no interior do cuberto en chamas. O lume queimou todo o interior, onde aínda gardaban maquinaria propia da carpintaría que un día foi. Ademais, colapsou o teito sen que a vivenda lindeira sufrise danos.

A maiores dos bombeiros, desde o 112 Galicia, solicitouse a asistencia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois a muller necesitou axuda médica.

Tamén acudiron os axentes da Garda Civil.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos