Ferida unha persoa que sufriu unha caída de moto na Baña

Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Foi un particular quen, pasados uns minutos das 21 horas do martes, alertou ao 112 Galicia de que acababan de atopar un motorista tendido no asfalto tras caer no quilómetro 5 da AC-546, en Ordoeste (A Baña). Nese momento, o ferido estaba inconsciente.

De inmediato, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.

Os servizos de emerxencias confirmaron pouco despois de chegar ao punto que a persoa recuperara a consciencia, mais a situación parecía grave. Foi finalmente trasladado polos profesionais sanitarios ao hospital de referencia.

Información ofrecida por AXEGA 112- Foto de arquivo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos