Detidas cinco persoas por un roubo nunha nave municipal de Negreira

A Garda Civil detivo cinco persoas como presuntas autoras de dous roubos con forza e da subtracción dun vehículo a motor no marco da Operación Lukus. A investigación iniciouse tras a denuncia dun roubo nunha nave municipal situada no polígono industrial de Negreira.

Segundo informou a Garda Civil, os autores levaron ferramenta especializada, un remolque e un vehículo tipo pick-up. As cámaras de seguridade permitiron identificar a actuación coordinada de cinco persoas. Poucos días despois, os axentes localizaron o remolque abandonado en Rábade e recuperaron tamén o vehículo roubado.

As pescudas revelaron que o automóbil foi empregado posteriormente nun segundo roubo nun concesionario da cidade de Lugo, onde foi fracturada a entrada para subtraer unha máquina de cobro con máis de mil cento sesenta euros en efectivo.

O valor total do material subtraído supera os sesenta mil euros, aos que hai que engadir os danos ocasionados. Os detidos e as dilixencias foron postos a disposición xudicial en Negreira.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos