A parroquia xalleira de Freixeiro celebrará as festas na honra de San Adrián durante a fin de semana do 20 e 21 de xuño.
O sábado 20 terá lugar unha verbena amenizada por Tania Veiras e o seu grupo, ademais da discoteca móbil CDC. Durante a noite sortearanse un carro de leña e un xamón.
O domingo 21, día de San Adrián, oficiaranse misas ás 10.00 e ás 11.00 horas, mentres que a misa solemne será ás 13.00 horas. A xornada incluirá tamén a tradicional Poxa de Galos e o sorteo dun xamón. A continuación celebrarase unha macro sesión vermú coa actuación do grupo Fussion.

Festa da Virxe do Carme
As celebracións continuarán o domingo 5 de xullo coa festividade da Virxe do Carme. Haberá misa ás 11.00 horas e oficio solemne ás 13.00 horas. A animación musical correrá a cargo do grupo Fuxsión Latina, que actuará tanto na sesión vermú como na verbena.


