A Sociedade de Afeccionados á Radiofrecuencia “S.A.R. Galicia” organiza este sábado 30 de maio de 2026 unha nova edición da Feira da Radio no edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
O encontro desenvolverase en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, cun espazo dedicado á exposición e venda de equipos novos e usadose outros temas relacionados co mundo da radioafección.
Desde o Radio-Club S.A.R. Galicia, Luis López, indicou que a boa acollida das dúas edicións anteriores animou a organización a continuar con este evento.
Asemade, en declaracións ao programa Na Encrucillada de Radio Xallas, López manifestou que o número de radioafeccionados está a ter un repunte, acentuado como consecuencia do famoso “Apagón”.

