A primeira MIR de Urxencias do CHUS é xalleira: Natalia Cernadas

Outra mostra de talento xalleiro. Natalia Cernadas Fariña, natural da parroquia de San Cristovo, en Santa Comba iniciará a súa formación como a primeira residente da nova especialidade de Urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Era a súa primeira opción “pero ao haber só unha praza en Santiago pensei que se ocuparía antes; case choro de emoción”

Segundo explicou en declaracións a El Correo Gallego, a súa elección responde a unha vocación clara pola especialidade desde a etapa universitaria: “para min estudar Urxencias nunca era un traballo e sempre me chamou moito a atención poder tratar a patoloxía aguda no momento no que se produce”, sinalou.

Natalia Cernadas destaca a “acción” e a “inmediatez” como os principais motivos que a levaron a escoller esta rama, lembrando que durante a carreira na USC sempre optou polas prácticas no servizo de Urxencias, por ser o ámbito que máis lle atraía.

Agora iniciará unha nova etapa de catro anos, chea de ilusión. Parabéns Natalia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos