IV Foliada Barcalesa en Negreira

Negreira celebra este sábado 16 de maio a IV Foliada Barcalesa, organizada pola Asociación Garuleiros, que reunirá grupos de diferentes localidades nun evento que se desenvolverá desde as 12:15 horas na Praza do Concello.

O evento iniciarase coa actuación da Escola de Pandereteiras do Concello de Negreira (grupo infantil) e rematará arredor das 00:00 horas coa actuación do grupo Estraperlistas, de Santa Comba. A continuación celebrarase unha foliada libre. Durante toda a xornada acuarán diferentes formacións como As Loitadoras de Santa Comba, As Atrevidas de Monte (A Baña), Os Ghazafellos (Teo), ou os Gaiteiros de Buxantes (Dumbría), por poñer algún exemplo.

Non faltará unha homenaxe en memoria de Xosé Antonio Romarís Pereira e Alberto Outón Ferrín, con palabras do historiador Amancio Liñares e coa interpretación do himno de Galicia.

A Foliada Barcalesa, presentada en Radio Xallas por Lidia Caamaño e Antonio Quintáns, contará tamén con oferta gastronómica a cargo da Pulpeira Rois, servizo de cantina, xogos tradicionais, postos de artesanía e alimentación, ademais de inchables.

Entrevista en Radio Xallas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos