O xalleiro Diego Toja García é o novo Xerente de Xestión do Só de Galicia – Xestur, sociedade anónima publica da Xunta de Galicia que se encarga de xestionar e promocionar chan empresarial e residencial.
Toja desenvolveu diferentes responsabilidades profesionais tanto no sector público como privado, na última etapa dentro do gabinete da Consellería de Economía e Industria que dirixe María Jesús Lorenzana.É licenciado en Administración e Dirección de Empresas.
O nomeamento foi publicado este luns no Diario Oficial de Galicia, despois de ser confirmado no Consello de Administración de Xestur.

