Formalizada a ocupación dos terreos do futuro polígono de Bembibre

O Concello de Val do Dubra formalizou a ocupación e o pagamento dos terreos necesarios para o futuro polígono industrial de Bembibre, cun investimento total de 512.085,02 euros, tras acadar un acordo maioritario cos propietarios afectados.

O proceso, que inclúe 15 parcelas, culmina así un trámite clave dentro da expropiación urbanística, permitindo avanzar nun proxecto destinado á creación de solo industrial no municipio.

Segundo o goberno local, esta actuación desbloquea unha iniciativa iniciada no ano 2005, orientada a dotar a Val do Dubra do seu primeiro solo industrial planificado. O ámbito sitúase fronte á antiga fábrica da Telleira e contará con conexión prevista cara Faxón.

O alcalde, Diego Luis Méndez, sinalou que “supón unha grande satisfacción ver culminado un procedemento que se desenvolveu ao longo de máis de vinte anos”, destacando o traballo realizado para acadar acordos cos propietarios. Valoración positiva que comparte o primeiro tenente de alcalde Antonio Negreira (Anova).

O proxecto contou con diferentes fases administrativas, entre elas a modificación urbanística aprobada en 2005, o plan de sectorización validado en 2010 e a aprobación inicial do expediente de expropiación en 2022, que foi aprobado definitivamente en decembro de 2025.

Unha vez completado este proceso, o Concello prevé avanzar na definición da fórmula de desenvolvemento do polígono, avaliando distintas opcións para a súa posta en marcha.

O executivo local sinala que esta actuación ten como obxectivo facilitar a implantación de empresas e atender a demanda de solo empresarial na contorna.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos