Un equipo do IES Terra de Xallas logrou clasificarse para a final do Club de Debate Alingua, quedando vencedor da fase preliminar celebrada no concello de Rois.
Os xalleiros Víctor Negreira Martínez, Pablo Rial Mouzo, Alba Porteiro Fajín, Lorena Porteiro Fajín e Daniela Pose Lago tiveron un papel destacado apoiados por outros alumnos do centro.
Este equipo participou na pasada edición, na que gañou o outro equipo do mesmo centro educativo.

A profesora Noelia Iglesias destacou que nesta ocasión “notáronse as táboas” dos oradores que están “moi contentos” polo resultado acadado. A final será o sábado 25 de abril en Bertamiráns.
Tamén compre valorar a actuación do outro equipo participante do IES Terra de Xallas, que quedou ás portas de clasificarse.
Ata o Campus Tecnolóxico Cortizo, desprazouse o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar e a concelleira de cultura, Patricia Val, para apoiar a estes mozos xalleiros.


