10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

O PP dubrés lembra que a rotonda do polígono xa tiña compromiso da Deputación

O portavoz municipal do Partido Popular de Val do Dubra, José Manuel Varela Ferreiro, asegurou hoxe que a rotonda de acceso ao futuro polígono industrial do municipio “non é unha actuación nova”, e lembrou que xa conta con proxecto técnico, terreos dispoñibles e un compromiso previo da Deputación da Coruña.

Varela explicou que o proxecto foi redactado e presentado polo goberno do PP atendendo ás indicacións da propia Deputación, e que o deseño xa contemplaba o acceso ao polígono e tamén aos terreos industriais anexos.

Varela: «Agora só falta cumprir»

O portavoz popular destacou que a compra da antiga fábrica, realizada no seu momento polo PP, permite executar a rotonda sen necesidade de novas expropiacións, e sinalou que esa operación fora cuestionada polo PSOE.

“O proxecto está feito, os terreos están dispoñibles e existe un compromiso adquirido. Agora só falta cumprir”, afirmou José Manuel Varela que pediu que se pase “dos anuncios á execución” e reclamou que se cumpran os compromisos adquiridos con Val do Dubra.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos