10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

Pretenden axilizar a mellora da travesía de Bembibre

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá o municipio acompañado do alcalde, Diego Luís Díaz, para abordar o inicio das obras de mellora integral da travesía de Bembibre (DP-1914) e os accesos ao futuro polígono industrial.

Transformación integral da travesía de Bembibre

Formoso destacou que o proxecto está pendente só de completar os acordos de expropiación e subliñou que permitirá levar a cabo «unha transformación integral da travesía, cunha clara prioridade na seguridade viaria e na mobilidade peonil, así como na mellora da accesibilidade e da calidade do espazo público urbano».

Segundo o presidente, trátase dun proxecto «froito dun proceso longo, acordado co Concello e coa veciñanza, pensado para mellorar a seguridade e a calidade de vida no núcleo de Bembibre». Destacou tamén o incremento do investimento provincial: «É un investimento importante, que incrementamos de 700.000 euros ata os actuais 1,1 millóns, e que ademais de mellorar a seguridade viaria no centro do pobo, supón unha clara aposta por un modelo de urbanismo máis humano e sostible».

Apoio da Deputación ao Polígono cun novo acceso

En relación co acceso ao futuro polígono industrial, Formoso asegurou que «a Deputación está disposta a apoiar a creación do polígono industrial coa execución dun novo acceso» e resaltou que se trata dunha «inversión de futuro»: «Estamos a falar da adquisición de 90.000 metros cadrados para promover chan industrial, unha aposta clara para que as empresas que xa existen e as que queiran instalarse en Val do Dubra teñan aquí unha oportunidade real».

Durante a visita, Formoso e Díaz tamén acudiron ao Centro de Día e Ocupacional de AVANTE en Niveiro, onde o presidente entregou un novo vehículo para o transporte das persoas usuarias e destacou o apoio continuado da Deputación ás entidades sociais sen ánimo de lucro.

Acompañaron ao presidente da Deputación e o alcalde nesta visita a Val du Dubra, concelleiros do equipo de goberno e tamén do Partido Popular.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos