10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

Mónica González: “Moitas veces non teño información suficiente, nin se me contan as cousas”

Mónica González afirma que a relación no cogoberno co PSOE da Baña mellorou respecto de hai un ano, aínda que segue botando en falta máis comunicación

A concelleira de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña, Mónica González (BNG), asegurou que a situación do cogoberno municipal co PSOE mellorou con respecto a hai un ano, aínda que recoñeceu que esa mellora non se produce en todos os ámbitos.

“Con respecto a fai un ano, nalgúns aspectos si melloraron, noutros non”, afirmou durante unha entrevista en Radio Xallas.

A concelleira nacionalista indicou que, pese a esa evolución, continúan existindo carencias no funcionamento da coalición. “Eu o que demando moitas veces, e díxeno publicamente, é que non teño información suficiente, nin se me contan as cousas, e que se toman decisións que deberían consensuarse e non se consensúan”, declarou.

Máis “transparencia, consenso e comunicación”

A concelleira insistiu en que as principais necesidades pasan por “transparencia, consenso e comunicación”, tres aspectos que, segundo sinalou, “non temos ao cen por cen nin moitísimo menos”.

Subliñou que formar parte dun cogoberno non implica apoiar automaticamente todas as decisións do socio maioritario. “Somos un cogoberno; se se nos di que isto é así e tes que secundalo, non pode ser”, manifestou.

O exemplo da RPT

Como exemplo, referiuse á súa negativa a apoiar a Relación de Postos de Traballo municipal. “Eu, como persoa e como traballadora autónoma que son, non podía aprobar esa RPT”, explicou, ao considerar que lle “parecía totalmente inxusta para os traballadores e traballadoras municipais”. Engadiu que o documento “tiña moitas lagoas, tiña moitos ocos, estaba moi incompleto, e sigo mantendo a día de hoxe”.

«Este goberno estame pasando factura»

Mónica González recoñeceu tamén o impacto persoal que lle está a supoñer esta situación. “Este cogoberno estame pasando factura a nivel físico e, sobre todo, psicolóxico”, indicou, engadindo que a súa prioridade será “a miña estabilidade emocional e a miña saúde” antes de tomar decisións, se ben puxo en valor o traballo desenvolvido no concello.

Entrevista en Radio Xallas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos