A Baña celebra este domingo, 8 de febreiro, a XXII Festa da Filloa da Pedra, unha cita gastronómica e cultural que arrinca ás nove e media da mañá coa apertura de portas no pavillón de San Vicenzo
Ao longo de toda a xornada haberá mercadiño de artesanía, postos de venda, mostras de artesanía en vivo, degustación de filloas, orella, chourizos e unha polbeira.
Axenda XXII Festa da Filloa da Pedra
Ás dez da mañá comeza a segunda Ruta Ciclista da Filloa.
Ás once, obradoiro de treboada.
Ás doce, actuación da Escola de Música Tradicional da Baña xunto con As Atrevidas de Monte.
Ás doce e cuarto, obradoiro de cestería tradicional.
Ás trece e trinta, terá lugar o pregón, a cargo do escritor Manuel Iglesias Turnes.
Dende as dúas da tarde, sesión de tardeo coa música do Trío Alborada, Bouba e A Requinta de Lampai.Xa pola tarde, ás catro, obradoiro de máscaras “En-mascara-ARTE”.
E ás sete, peche da festa coa actuación de De Ninghures.
Sobre a Festa da Filloa da Pedra da Baña, falou a concelleira de Acción social, cultural e servizos á cidadanía da Baña en Radio Xallas.
“Queremos a xente veña e pase toda a xornada no concello da Baña. A nosa idea e facer un programa completo para convidar á xente a quede connosco. Creo que temos un cartel interesante” explicou Mónica González.
A concelleira sinalou que “non e incomptaible maridar a gastronomía coa nosa cultura e así apostamos por non perder as nosas raíces e recuperar as tradicións galegas”.
A Festa da Filloa da Pedra é un evento de moita relevancia en toda contorna nunha concellería dirixida por González que xa traballa na organización do Festival de Disfraces do sábado 21 de febreiro.
Foto portada- Presentación do evento- Elena López e Nieves Martínez elaboraron fillas en directo

