Diego Luis Díaz pide responsabilidades, cambios profundos e eleccións xerais ante a crise no PSOE

O alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz Méndez (PSOE), fixo pública a través das súas redes sociais unha reflexión persoal sobre as polémicas que afectan ao PSOE nas últimas semanas e meses, unha situación que, segundo recoñece, lle provoca “fondísima preocupación” e que entende que tamén afecta “a unha parte moi importante da cidadanía”.

No seu escrito, o rexedor socialista comeza manifestando o seu “absoluto apoio e respaldo a todas as mulleres que sufriron situacións de acoso ou abuso por algún compañeiro”, situando este punto como unha cuestión prioritaria no contexto actual.

«Descalabro absoluto»

Díaz Méndez considera que, ante o que define como unha situación de “descalabro absoluto”, chegou o momento de que “cada cargo asuma a súa responsabilidade” e de que se produzan “os cambios necesarios, tanto nas direccións do partido como no ámbito institucional”.

O alcalde de Val do Dubra vai máis alá e defende que “é preciso que o pobo se pronuncie á maior brevidade posible, tamén a nivel estatal, a través da convocatoria dunhas eleccións xerais”, subliñando que este proceso debe levarse a cabo “caia quen caia”.

Na súa reflexión, aposta por unha renovación profunda do proxecto socialista, reclamando “un cambio xeracional, con xente que chegue á política para traballar e mellorar a vida da cidadanía, e non para roubar, acosar ou abusar de ninguén”. Ademais, advirte de que “non nos podemos permitir o luxo de dar leccións e logo non actuar conforme a elas”.

Finalmente, Diego Luís Díaz Méndez lembra que dentro do Partido Socialista “somos moitas e moitos, estou seguro de que a gran maioría, os que todos os días saímos da casa con ganas e ilusión de facer o noso traballo dun xeito honrado e ético”, e lamenta que este tipo de situacións “non fan máis que afastarnos da primeira liña dun proxecto que tantos froitos deu ao noso país”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos