UCIN Galicia presenta a Álex Regueiro como candidato á Alcaldía de Teo en 2027

A Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) en Galicia anunciou a designación de Álex Regueiro como coordinador da formación e candidato á Alcaldía de Teo nas eleccións municipais de 2027.

Nado en Santiago de Compostela en 1977, Regueiro está vinculado profesionalmente ao mundo da moda e a historia da indumentaria. Comezou a destacar desde moi novo, gañando concursos de creación téxtil con apenas oito anos. Con 18 era recoñecido polo seu dominio do corte e, un ano despois, obtivo o título oficial de artesán. En 1999 presentou a súa primeira colección feminina, inspirada na natureza galega, tras ser discípulo do patronista internacional Santiago Bazarra.

Activista LGTBI+

En 2000 abriu o seu taller en San Domingo, Calo (Teo), especializado na recuperación de traxes antigos —labor que lle reportou 35 premios— e en costura de alta exclusividade. A súa actividade abrangue desde pezas tradicionais ata vestidos de gala, e combina o traballo de deseño coa docencia en moda, protocolo e historia da indumentaria. Tamén colabora en programas de televisión e radio e participa en accións de defensa dos dereitos LGTBI+ no ámbito rural.

Segundo sinala UCIN, entre as liñas principais do seu proxecto político para Teo figuran a defensa da cultura tradicional, a promoción do asociacionismo cultural e deportivo, e a creación dun concello “diverso e inclusivo”. A formación indica que Regueiro é contrario á instalación de proxectos industriais como ALTRI ou a canteira da Casalonga, e que apoia medidas para combater a aporofobia, a xenofobia e calquera forma de discriminación.

Memoria democrática, cohesión das parroquias e os Xenerais da Ulla

Tamén propón declarar Teo como lugar de memoria democrática, impulsar o desenvolvemento local e favorecer a reapertura de tabernas tradicionais como espazos de encontro veciñal. Outra das súas propostas é reforzar o papel do concello como epicentro dos Xenerais da Ulla e traballar para unha maior cohesión das 13 parroquias do municipio.

UCIN describe a súa candidatura como a dun “rapaz da aldea” que quere contribuír a mellorar o concello, combinando a experiencia profesional coa defensa da identidade cultural e o compromiso social.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos