O BNG solicita medidas urxentes para Ponte Maceira e a estrada AC-544

As deputadas do BNG, Iria Carreira e Mercedes Queixas, xunto a representantes do partido en Ames e Negreira e veciños da zona, anunciaron que presentarán no Parlamento de Galicia iniciativas para abordar a situación do conxunto patrimonial de Ponte Maceira e a seguridade na estrada AC-544.

Ponte Maceira, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 2022, recibe cada ano milleiros de visitantes. Segundo o BNG, a zona presenta deficiencias que afectan á conservación do patrimonio e á seguridade de visitantes e residentes. Entre as eivas sinaladas están o mal estado da presa na zona de baño, a ausencia de beirarrúas, cunetas sen cubrir, falta de papeleiras, iluminación inadecuada e escaseza de pasos de peóns. Tamén se mencionou a falta de aparcadoiros, que causa problemas de tráfico e seguridade, e a demanda de limitar o tránsito de vehículos pola ponte.

Mercedes Queixas lembrou que a Xunta de Galicia anunciara en 2023 un proxecto para reconstruír a antiga presa do Tambre, do que non houbo máis novas. O BNG insiste na necesidade de restaurar esta presa e de levar a cabo unha actuación integral de conservación de toda a contorna de Ponte Maceira, incluíndo os muíños, piares históricos, zonas de paseo e a vexetación da ribeira.

No que respecta á estrada AC-544, de titularidade autonómica, Iria Carreira sinalou a necesidade de reforzar a sinalización e establecer medidas que permitan aos peóns cruzar a vía con seguridade, especialmente na zona de Reino. Destacou que os veciños levan dúas décadas demandando solucións para este tramo, cuxa perigosidade se agrava con choiva ou néboa debido á mala visibilidade. A deputada tamén fixo fincapé no compromiso da Xunta en 2011 de iniciar un proxecto para construír un paso elevado na zona.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos