Veciños da Baña expresaron a súa preocupación por un episodio vivido este martes na praza do concello desta localidade, cando tres descoñecidos supostamente agarraron a un neno que ía nun patinete eléctrico.
Segundo este testemuño o neno logrou escapar e refuxiouse no interior dun local comercial. Aínda que non houbo consecuencias e todo quedou nun susto a noticia causou un importante balbordo no pobo.
O neno acababa de dar unha volta con outros dous rapaces e cando regresaba o seu fogar tivo este percance.
Cando a xente saíu a rúa non había rastro destes individuos que supostamente pretendían roubar o patinete aínda que isto é unha simple hipótese . Axentes da Garda Civil acudiron ata o lugar.
“A Baña sempre foi un lugar tranquilo e por iso estas cousas deben saberse para que teñamos precaución” declarou un veciño a este medio.
FOTO DE ARQUIVO