7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

Encontro da conselleira de Infraestruturas co goberno dubrés

O alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, e o tenente alcalde, Antonio Negreira, mantiveron unha reunión de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para falar sobre as necesidades do concello nesta materia.

Os representantes do goberno dubrés solicitaron unha intervención no núcleo de Portomouro para mellorar a seguridade viaria na estrada AC-455. O Concello comprometeuse a elaborar unha memoria técnica que avalíe as actuacións necesarias para incrementar a seguridade nesta vía.

Outra das demandas abordadas, segundo fontes municipais foi “buscar unha alternativa ao tráfico pesado que circula pola zona, especialmente o que conecta Carballo e Santa Comba con Santiago e que se ve obrigado a cruzar polo núcleo de Portomouro”.

Tamén se plantexou a necesidade dunha mellora na ponte do Portomouro.

O alcalde de Val do Dubra fixo unha valoración positiva desta xuntanza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos