Coche calcinado en Pesadoira

Incendio nun vehículo na parroquia de Pesadoira, en Negreira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba foron alertados sobre as 12:00 horas de hoxe dun vehículo con lume nunha estrada municipal, no lugar de Alvite na parroquia de Pesadoira, no Concello de Negreira.

Na chegada ao punto do suceso, o equipo procedeu a iniciar a extinción comezando cun carrete de alta presión para aplacar as lapas a distancia. Mentres, outros operarios colocaban os equipos de respiración para poder aproximarse aos vehículo e acceder a todos os puntos coa aplicación de auga.

Unha vez se rematou co carrete de alta presión, realizouse un tendido de 25 mm de diámetro de escuma. Xa cando a temperatura estivo rebaixada e o tendido completado, comezouse coa aplicación de escuma sobre o vehículo. Para aplicar esta escuma sobre o interior do capó, empregouse unha pata de cabra.

Cómpre destacar que non houbo danos persoais no lugar do incidente e que o vehículo quedou calcinado por completo, quedando só a estrutura metálica.

FOTO E TEXTO CONSORCIO PROVINCIAL

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos