9.2 C
Santa Comba
miércoles, enero 7, 2026

Accidentes en Santa Comba e na Baña

Accidente de tráfico con dúas persoas atrapadas no interior no km 24 da AC-406, no Concello A Baña– Foto portada- Accidente A Baña

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba reciben unha chamada  alertando de que no km 24 da AC-406 ó seu paso polo Concello de A Baña se producira un accidente de tráfico con dúas persoas atrapadas no interior.

Na chegada ao lugar do incidente observan unha muller fora do vehículo con feridas leves. A tarefa coa persoa do interior do coche limitouse a axudarlle a saír ó exterior utilizando a porta traseira do lado acompañante.

Cando chega o 061, informamos das lesións, e colaboramos na inmovilización da muller que estaba no arcén. Ambas foros trasladadas ó clínico de Santiago.

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no interior no km 51 da AC-400, no Concello Santa Comba

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba reciben unha chamada  alertando dun accidente onde viaxaban catro persoas, das cales dúas parecían atrapadas no interior do vehículo, no Concello de Santa Comba.

Na chegada ao lugar do incidente observan un vehículo completamente fóra da vía e empotrado contra un eucalipto, no seu interior solo había unha muller no asento do copiloto.

Colócase collarín e agárdase á chegada do 061 ó lugar para desplazala sobre o taboleiro espinal debido as condicións climatolóxicas.

INFORMACIÓN E FOTOGRAFÍAS- CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos