14.6 C
Santa Comba
jueves, octubre 3, 2024

Marta Castiñeiras: ”Ante os primeiros síntomas de deterioro cognitivo hai que buscar axuda”

Marta Castiñeiras Landeira traballa no Centro de Saúde de Santa Comba. É un MIR. Deses dos que moito se fala nos medios de comunicación.


Pero ten todo o mundo claro o que significa MIR?


“Pois, é un médico interno residente. É un médico que ten o título de medicina. Durante seis anos estamos estudando e logo temos que acabar a carreira e aprobar un exame, que é o famoso MIR, e posteriormente rotar durante seis anos e, despois, formarnos tanto en especialidades hospitalarias como no centro de saúde, que é onde nos vemos nosos pacientes, e para conseguir a especialidade de medicina de familia”.

Marta falou no programa Na Encrucillada de Radio Xallas. A súa intervención estivo relacionada co deterioro cognitivo e o Alzheimer.

Síntomas de deterioro cognitivo

Nunha conversa moi interesante, falounos de síntomas:

“Un dos primeiros síntomas de alarma é a perda de memoria recente. É dicir, que o paciente suele olvidarse con frecuencia das citas importantes, fai preguntas repetitivas sobre isto, tamén desoriéntanse moito no tempo, non saben en que día viven, comproban moito no calendario e no móbil”.

Pero a doutora falounos de máis:


“Outro síntoma tamén importante é a alteración da linguaxe, é dicir, non son capaces de buscar as palabra. Téñenas na punta da lingua e non son capaces de emitilas”.


Marta Castiñeiras considera importante que “os familiares detecten síntomas como cambios no carácter do paciente, normalmente sóense encontrar máis irritables e isto fai que a veces intentemos aos familiares corrixir os erros, eles soen enfadarse, e tentan ocultalo, entón estes primeiros síntomas o que fan é dificultar a vida cotián dos pacientes e os familiares”.

«O primeiro é buscar axuda»


Unha vez detectados os primeiros síntomas debe acudirse os médicos.


“O primeiro é buscar axuda, falar co seu médico de atención primaria para facer unha primeira valoración do grado de deterioro cognitivo”.


Sobre o perfil dos pacientes sinala:”Pois estamos vendo que cada vez a xente cando encontra estes síntomas precoces consultan máis axiña, pero normalmente os pacientes que vemos na consulta son pacientes de idade avanzada, con factores de risco e, á veces, xa un deterioro cognitivo”.

Sobre o papel das coidadoras e outros temas falou en Radio Xallas esta profesional orixinaria de Xavestre, no concello de Trazo.

Escoita a entrevista desde o minuto 61

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos