15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Tres “Negreira” unidas nun acto

O concello de Negreira acolle este sábado, 14 de setembro, desde as 18,30h, un acto institucional onde se xuntarán tres localidades unidas por un topónimo: A vila de Negreira, na comarca de Barcala, a localidade do mesmo nome no concello da Estrada, e Negreira de Vilamaior, no municipio de Santa Comba.

O acto contará coa presenza do filólogo e especialista en toponimia, Fernando Cabeza Quiles, que ofrecerá unha charla e departirá cos presentes.

Asistirá o Secretario Xeral da Lingua da Xunta, Valentín García Gómez, e os alcaldes Alberto Romar (Santa Comba), Gonzalo Louzao (A Estrada) e Manuel Ángel Leis (Negreira).

Actuará como mestre de cerimonias, Amancio Liñares, que visitou os estudios de Radio Xallas, desde onde animou ós veciños de Santa Comba e da comarca a asistir:“ Estaría ben que viñera xente de Negreira de Vilamaior”.

Con respecto ao evento manifestou: “Hai tres Negreira nada máis en Galicia e ocorréusenos facer un encontro dos tres lugares para reivindicar o noso topónimo”

Intervención de Amancio Liñares en Radio Xallas- Desde o minuto 105 aprox

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos