O concello da Baña quere reactivar a súa feira mensual. De feito desde o goberno local informan da apertura de novos postos no mercado e tamén da instalación dunha pulpeira.
Servizo de transporte
Desde o concello lembran que hai un servizo de transporte por parroquias que sairá as 9 da mañá de Fiopáns, con percorrido por Troitosende, Menlle, Lañas, Cabana, O Barro e A Baña. O regreso será as 13,00h.
Tamén informan que as persoas en montar un posto no mercado poden contactar co concello, xa que se trata dunha actividade gratuita.
“Este proxecto busca fortalecer aínda máis o tecido económico e social da nosa comunidade así coma, desfrutar da xuntanza dos nosos veciños e veciñas”.
Descontos para a Pulpeira Rois
O concello remitiu ós veciños un vale desconto de 2 euros por cada ración de polbo na “Pulpeira Rois” nesta feira, válido para a feira do luns 3 de xuño e do luns 1 de xullo.
Ademais para cada 15 euros adquiridos nos postos do mercado, farmacia, estanco, supermercado ou establecementos hostaleiros entregarase outro vale de 2 euros.
Poderanse acumular un máximo de 2 vales(4 euros) por cada ración de pulpo que se merque.

