16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Val do Dubra celebra as Feiras do Abril


O alcalde de Val do Dubra, Diego Luís Díaz, inauguraba unha nova edición das Feiras do Abril que se prolongarán ata este vindeiro luns.


No acto de arranque estaba acompañado polo deputado provincial, Antonio Leira, polo tenente de alcalde Antonio Negreira, polos alcaldes de Santa Comba, Negreira, Trazo, Tordoia e por membros da corporación local. E pola música da asociación Regueifa.


Este sábado os Mercado de Artesanía, xogos tradicionais, un monólogo de Pepo Suevos(18,30) e unha verbena coa orquestra Metrópolis e a discomóbil CDC, forman o cartel.


Na xornada do domingo será a quenda para a exposición de gando. O vermú estará amenizado por Alborada e ás 17h quenda para o espectáculo Peter Punk Pallaso. O luns, como de costume, o campo da feira acollerá a xa afamada Festa da Empanada. Tamén terá lugar o mercado habitual de primeiro de mes con polbeira, degustación de vaca cachena e música co Dúo Matices.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos