O concurso de disfraces de Val do Dubra contou coa participación de case 600 persoas, un evento presentado por Loly Gómez e no que se repartiron preto de 2.600 euros en premios
Os premios repartíronse do seguinte xeito:
Individuais
Primeiro: “O regreso dos dinosauros”
Segundo: “Papa Móbil”
Terceiro: deserto
Parellas
Primeiro: “As dúas en punto”
Segundo: “As marquesas”
Terceiro: “Os axentes Romero Barrientos”
Comparsas
Primeiro: “Viaxe no tempo”
Segundo: “Rexedoiro”
Terceiro: “Arañas de Arabexo”
Desde o concello dubrés agradecero a participación e tamén o esforzo de Protección Civil de Val do Dubra e dos traballadores municipais, e a SD Dubra que se encargou da cantina.