O Goberno de Val do Dubra destina os 434.499 euros do Plan Único a catro actuacións.
A de maior contía será a mellora do viario entre Insua e Bascuas cun orzamento de 206.791,37 euros, seguida pola mellora do viario de Pedragosa e Barral por Algaria e outros(Niveiro), con 125.240 euros, e obras no núcleo de Sobrepontes(Portomouro), dotada con 64.540 euros e o adecentamento do aparcadoiro da rúa San Lourenzo en Bembibe, con 37.926 euros.
Estas obras responden ao criterio establecido polo Goberno de “reparto de obras entre diferentes parroquias do noso municipio” como apunta o alcalde Diego Luis Díaz Méndez quen destaca “o compromiso do equipo por acondicionar o concello con actuacións para a mellora de firmes, abastecemento de auga e saneamentos”.
Aprobado por unanimidade
A totalidade do Plan Único vai destinado á obra pública dando resposta “a unha demanda dos veciños e veciños no tocante a pavimentacións e renovación de camiños”, como sinala o concelleiro de obras e tenente alcalde, Antonio Negreira.
«A pesar de que consideramos que hai algunhas obras de máis necesidade, obviamente todas as obras son boas e imos votar a favor» manifestou o portavoz do Partido Popular, José Manuel Varela Ferreiro.
Con respecto ao Plan Social hai un orzamento de 69.919 euros que se reparten deste xeito: ampliación da partida para complementar a aportación municipal do Servizo de Axuda a Domicilio por un importe de máis de 20.000 euros;o servizo de podoloxía, uns 14.000 euros, Aula de envellecemento activo, 18.000 euros e a outros programas sociais.
No Plan complementario inclúense as seguintes obras:
– Abastecemento en Buiro (Rial) 35.704,91 euros
– Mellora do viario Vilardoa – Portomeiro (Portomeiro) 114.431,18 euros
– Mellora acceso colexio Portomouro (Portomouro) 54.833,69 euros
– Saneamento a Gontar (Coucieiro) 110.562,62 euros
– Acceso Pedra do Home (Portomouro) 114.994,64 euros