A portavoz do BNG e primeira tenente de alcalde do concello da Baña, Mónica González, expresou as súas discrepancias coas declaracións do alcalde, José Antonio Pereira, en Radio Xallas que afirmou sentirse sorprendido polo voto en contra no debate da RPT.
A RPT DA BAÑA
“Nunha xuntanza dixen directamente que ía votar en contra e non hai opción a malas interpretacións” declarou González no mesmo medio de comunicación.
Entende que a RPT estaba tecnicamente “ben feita” pero era “inxusta” e “o seu contido non estaba ben e manifesteino en varias ocasións”.
“Todos os traballadores sabían cal ía ser o meu voto” explicou a concelleira aclarando “que eu non me abstiven na comisión informativa, reservei o meu dereito a voto, que é distinto”.
Mónica González sinalou que “o meu voto foi argumentado” engadindo que “non podo aprobar un texto que afecta os traballadores, hai postos inxustamente tratados e funcións que non se recollen”.
Aparte desta discrepancia e división de voto no seo do goberno comentou que “hai sintonía pero non sempre é fácil”.