Unha muller morreu este xoves ao chocar o seu coche contra un camión no concello de Tordoia, segundo información do 112
Malia os esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer pola vida da implicada, que viaxaba no turismo e cuxo corpo foi liberado polos Bombeiros de Ordes.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente, rexistrado no quilómetro 10 da DP-8401 (Castenda da Torre), a través dunha chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 minutos antes das 13 horas. Naquel momento, indicaron que podía haber persoas atrapadas e que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Tordoia.
Os servizos sanitarios trataron de reanimar á muller, que finalmente faleceu e, nestes momentos, os Bombeiros traballaron para liberar o seu corpo.
FOTO TVG