Os membros da Plataforma veciñal, en proceso de constitución, que se opón a instalación dun vertedoiro na canteira de Pedra Facha, na parroquia de Niveiro, colocaron unha pancarta reivindicativa na Casa do Concello de Val do Dubra.
Esta acción chega coa presentación da campaña informativa sobre o impacto medioambiental deste vertedoiro impulsada polo concello e a plataforma.
De feito o alcalde Diego Luis Díaz e membros da corporación participaron neste acto.
Desde o concello informan que xunto coa empresa contratada “continuamos traballando en conxunto na preparación da documentación requirida para ter no momento de querer emitir unha resposta medioambiental se fose adiante o vertedoiro”.

