O Concello de Val do Dubra presentou a programación para o Entroido que contará con variedade de actividades e repartirá 2.630 euros en premios.
O concurso e desfile de disfraces será o sábado 10 e o desfile infantil o martes 13 de febreiro. As inscricións para o concurso deben formalizarse presencialmente no Concello de Val do Dubra desde o luns 29 de xaneiro ao venres 2 de febreiro.
O Concello de Val do Dubra presenta unha programación variada para que grandes e pequenos gocen destes festexos na localidade.
Así, o venres día 9 arranca a programación co desfile de escolares e da asociación AVANTE. Desde o colexio de Bembibre e posteriormente na Casa do Concello, onde se
pendurará o Meco, elaborado polos usuarios e usuarias de AVANTE.
O sábado de Entroido, día 10 de febreiro, será o desfile e concurso de disfraces. A programación arranca ás 16:30 horas co pasarrúas a cargo da charanga “Os Celtas”.
As 17.00 horas dará comezo o desfile de comparsas e disfraces dende o Campo da Feira ata a Casa do Concello.
Posteriormente o evento, que contará coa presentadora da TVG, Loly Gómez, como mestra de cerimonias, continuará no aparcadoiro da rúa de San Lourenzo coa entrega de
premios e fin de festa con degustación de filloas, orellas, lacón…
En canto ao concurso, haberá 3 categorías e 3 premios por categoría cuxo reparto será:
● PREMIOS COMPARSAS: 1º PREMIO (900 euros), 2º PREMIO (700 euros) 3º PREMIO (300 euros)
● PREMIOS PARELLAS: 1º PREMIO (200 euros), 2º PREMIO (150 euros), 3º PREMIO (80 euros)
● PREMIOS INDIVIDUAIS 1º PREMIO (150 euros), 2º PREMIO (100 euros), 3º PREMIO (50 euros)
O broche final co baile de disfraces será a partir das 21.30 horas a ritmo da discomóbil EMEMUSIC.
Para participar no desfile é necesario formalizar a inscrición presencialmente no Concello de Val do Dubra e poderá facerse desde o luns 29 de xaneiro ata o venres 2 de febreiro.
Os máis pequenos tamén gozarán dunha festa especial o martes de Entroido, día 13 de febreiro, no Pavillón municipal.
Desde as 17.00h ata as 17:30h aqueles que desexen participar no desfile deberán inscribirse no propio pavillón. O desfile será a partir das 17:30 h. e despois haberá festa con inchables e degustación de filloas e orellas amenizada por Animus.
A queima do Meco marcará o punto final a tres días de actividades pensadas para que os dubreses e dubresas vivan e desfruten do Entroido na localidade.