7.9 C
Santa Comba
martes, febrero 20, 2024

Val do Dubra paga as subvencións nominativas

O Concello de Val do Dubra procede aos pagos das subvencións nominativas relativas ao 2021 e 2022, un total que ascende a 50.072,69 euros.

A transacción, efectuada a finais do mes de decembro, faise despois da modificación orzamentaria 23/2024 aprobada polo pleno O Concello de Val do Dubra procedeu na última semana do ano 2023 ao pago correspondente ás subvencións nominativas de 10 entidades do municipio, para así sufragar os gastos das distintas actividades que desenvolveron nos anos 2021 e 2022.

O montante ascende a 50.072,69€ que se reparte do seguinte xeito entre as dez asociacións beneficiarias:

ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS DE BEMBIBRE (3.200 euros)
ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS DE PORTOMOURO (1.600 euros)
ASOCIACIÓN LOCAL DE MEDIOAMBIENTE E CAZA (6.000 euros)
SOCIEDADE DEPORTIVA DUBRA (30.000 euros)
AGRUPACIÓN DEPORTIVA DUBRA-TAMBRE (757,89 euros)
ASOCIACIÓN KÁRATE VAL DO DUBRA (2.000 euros)
CLUBE DE XADREZ DE VAL DO DUBRA (1.299,8 euros)
CLUBE DE PETANCA (1.000 euros)
AVANTE (3.000 euros)
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS (1.215 euros)

Trátase das subvencións relativas ao ano 2021-2022, que subvencionan as actividades deses anos e foron dotadas de crédito a través da modificación orzamentaria 23/2024 aprobada polo pleno a 20 de xullo do 2023.

Así, tras a aprobación da convocatoria en Xunta de Goberno local a día 30/11/2023 efectuouse o pago no día 29/12/2023.

O alcalde, Diego Luis Díaz Méndez, resaltou “a importancia de cumprir con esta obriga que permite que o tecido asociativo de Val do Dubra poida seguir funcionando, tendo en conta a importante labor que desenvolven en diferentes eidos” así mesmo tamén anunciou que se está a traballar no orzamento do ano 2024 onde se contemplarán os importes da última anualidade e da presente.

Por outra banda, a Concelleira de Cultura, Celsa Oreiro destaca o papel de dinamización no eido cultural e deportivo que veñen realizando estas asociacións, ao mesmo tempo critica ao anterior equipo de goberno do PP por incumprir coa obriga de aboar estas cantidades comprometidas anualmente, o que lles supuxo as estas entidades serias dificultades para poderes levar adiante as súas actividades en beneficio dos valdubreses “

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE VAL DO DUBRA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos