Un incendio destrúe unha vivenda mentres a familia estaba fóra en Tordoia segundo informaba AXEGA 112.
Os servizos sociais do Concello de Tordoia deberon buscar unha alternativa habitacional para a familia.
Por fortuna, ninguén estaba na casa no momento no que se produce este incendio, que botou a perder todo o piso superior e fixo colapsar o tellado.
Pola contra, o baixo, menos afectado polo lume, pero igualmente danado por mor da auga utilizada para a extinción.Quedan rescaldos que, posiblemente, afumen aínda uns días.
Con esta situación, os responsables locais deberon buscar unha alternativa habitacional para os ocupantes da vivenda, unha parella e dous cativos. De feito, para que poida recoller as súas pertenzas en condicións de seguridade, serán acompañados polos Bombeiros de Ordes, quen se ocuparon da extinción deste lume.
Ademais, interviñeron os axentes da Policía Local e Garda Civil.
Todo este operativo iniciouse pasadas as doce do mediodía, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun dos habitantes da casa, que non se atopaba no lugar no momento de producirse o incendio.
foto de arquivo concello de Tordoia– WIKIPEDIA