O concello de Val do Dubra celebrou unha xuntanza veciñal informativa para tratar sobre a posible instalación dun vertedoiro en Niveiro.
Neste encontro xunto co alcalde Diego Luís Díaz e membros do goberno local, participaron representantes da empresa contratada polo consistorio para realizar un informe medio ambiental sobre o impacto que tería unha instalación desas características no municipio.
Preparando un informe
Explicaronnas repercusións do que suporía o vertedoiro de “Pedra Facha” e tamén foi unha toma de contacto cos veciños para recibir información “respecto do entorno para ter en conta á hora de elaborar o informe… augas a protexer, especies animais ou vexetais particulares da zona…”.
Na xuntanza marcouse unha folla de ruta para planificar novas reunións entre veciños, empresa e concello de Val do Dubra “así como a preparación da documentación requirida para ter no momento de querer emitir unha resposta medioambiental se fose adiante o vertedoiro».