10 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

«O Nadal no Val»


O Nadal chegou ao Val do Dubra de xeito oficial o primeiro de decembro co acendido da
iluminación de Nadal.

“O Goberno esforzouse en facer unha proposta variada e que
permitirá que toda a veciñanza poida desfrutar coas distintas actividades municipais nunhasdatas tan sinaladas, nas que pretendemos que os eventos municipais sirvan como punto encontro do conxunto das dubresas e dubreses” segundo apunta o alcalde, Diego Díaz.


A programación arrancará o mércores 20 de decembro co espectáculo “O Castiñeiro do
Apalpador” de Fantoches Baj no auditorio municipal. Será ás 11.30 horas dirixido a nenas
e nenos de educación Infantil e Primaria que descubrirán a orixe do Apalpador nunha
historia dramatizada e magnificamente ilustrada.


O 23 de decembro será un dos días máis agardados porque terá lugar a Festa e o
Mercado de Nadal
. Un pasarrúas onde gozaremos dun espectáculo de música, circo,
xigantes… baixo o nome “Folión do Zampón” que encherá de cor e alegría cada recuncho.

A saída está prevista desde o concello ata o pavillón municipal onde grandes e pequenos
gozarán dos inchables e degustarán chocolate e rosca. Á par, estará en marcha o Mercado
do Nadal
no pavillón municipal desde as 18.00 horas ás 22.00 horas con variedade de
postos de artesanía, xoguetes, artigos de segunda man… A inscrición está aberta ata o día
15 decembro chamando ao 628 474 389 ou no 646 914 861.

«Rock and Magic»


Por se fose pouco, chegado o día 27 teremos unha cita co Mago Teto e o seu show de
maxia e música “Rock ‘n’ magic” no auditorio municipal ás 18.00 horas destinado ás
familias.

E tamén será un día máxico e cheo de ilusionismo a véspera do fin do ano. O día
30 de decembro é a quenda para “Degustación de Imposibles” do ilusionista guirigalego
Joshua Kenneth no auditorio municipal ás 18.00 horas. Unha experiencia interactiva con
impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou
as sombras chinas…


O día 29 a Casa da Cultura acollerá un Campionato de xadrez a partir das 17.30 horas.
Remataremos o ano coa carreira de San Silvestre que partirá do Campo da Feira o día 31
de decembro ás 12.00 horas.

Os Reis Magos


Xa entrados no ano novo, non podíamos deixar de festexar a chegada dos Reis Magos. O
venres 5 de decembro será a Cabalgata de Reis cuxa saída está prevista ás 17.00 horas
dende o campo da feira ata o pavillón municipal. Festexaremos a visita dos Magos de
Oriente onde teremos música, inchables, chocolate e rosca!


Chega así nunha programación “máxica, como é o tempo do Nadal; pensada para as
familias e demais veciños. Unha programación protagonizada pola ilusión e moi novidosa e
completa, que abrangue variedade de ámbitos de xeito moi integrado; desde a música ao
deporte”, como apunta a concelleira de Cultura, Celsa Oreiro quen destaca a implicación dopobo tamén na súa posta en marcha: “contamos, por exemplo, coa colaboración das
mulleres rurais que se encargarán das chocolatadas”.


Con esta programación queremos encher de alegría cada fogar e recuncho do lugar. Así, o
Concello de Val do Dubra desexa que nestas festas non vos falte o sorriso, momentos para
conversar, adicarlle tempo aos nosos seres queridos e sobre todo ilusión!

Fonte: Concello de Val do Dubra

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos