Os alumnos do programa de emprego “Xuventude 2023” dos Concello de Val do Dubra, A Baña, Negreira e Santa Comba rematou esta semana un curso básico de 60 horas en Prevención de riscos laborais.
O programa conta con 16 alumnos/as traballadores/as en dúas especialidades: “Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio” e “Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil”.
Segundo os promotores, despois de dous meses, os alumnos recibiron xa, xunto coa formación en prevención de riscos laborais, unha parte importante da formación teórica, tanto específica na súa correspondente especialidade como a complementaria en materias de alfabetización informática, igualdade de xénero, orientación, información e asesoramento laboral.
O Programa de Emprego “Xuventude 2023”, ten un orzamento de 424.836,96 euros e é cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Fondo Social Europeo+ 2021-2027.