10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

“Constrúe en Verde”. Novo obradoiro para Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e A Baña

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia aprobou a concesión dun novo obradoiro de emprego para os concellos de Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e A Baña denominado “Constrúe en verde 2023”.

Santa Comba é o concello promotor. A iniciativa beneficiará a 20 alumnos que se formarán durante 12 meses en dúas especialidades: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción e operacións auxiliares de albanelaría e fábricas de cubertas.

Información

Este obradoiro de emprego ten previsto iniciarse o 11 de decembro de 2023.

Para máis información sobre este proceso poñánse en contacto coa oficina de emprego dos concellos participantes.Concello de Val do Dubra (981889000). Concello de Negreira (881035150). Concello da Baña (981886501) e Concello de Santa Comba (663728782).

A preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aqueles que demanden algún dos seguintes servizos: Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego (340), e Outros programas de emprego formación dual (370).

FOTO ARQUIVO XUNTANZA DE ALCALDES DA ZONA CON TÉCNICOS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos