Noticias de Val do Dubra. Magosto, xuntanza vaciñal en Niveiro, Doazón de sangue e presentación de “Ocho señales, cuestión de vida o muerte”.
Magosto Val do Dubra
Este sábado 4 de novembro a asociación Larada organiza un “Magosto” no Pavillón de Val do Dubra. A partir das 18h.
Haberá castañas asadas, chourizos, e as actuacións do grupo Brincadeira e das Sircópatas. Colabora o concello de Val do Dubra
Xuntanza veciñal en Niveiro
O alcalde de Val do Dubra, Diego Luís Díaz Méndez, participará este sábado 4 de novembro nun encontro veciñal para ofrecer información actualizada sobre a situación do proxecto de vertedoiro de residuos da canteira de Pedra Facha. Será as 12h no local social de Niveiro.
Doazón de sangue
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia estará o luns 6 de novembro en Bembibre, diante da Casa do concello, en horario de 16 a 21h.
Presentación libro baseado nunha historial real de violencia machista
O vindeiro martes, 7 de novembro, Noelia Míguez e Patricia Calveiro presentan o seu libro “Ocho señales, cuestión de vida o muerte”, na Casa da Cultura de Bembibre desde as 20h.
É un libro baseado nunha historia real de violencia machista.