FOTO ARCHIVO
Un incendio nunhas cortes en Val do Dubra deixa dous becerros mortos e diversos danos materiais segundo informou Axega 112
Foi a dona das instalacións, pegadas á súa vivenda, quen avisou ao 112 Galicia dez minutos antes das 2 horas da madrugada. Na súa chamada, explicaba que no seu interior había varios animais e, nas proximidades, unha palleira.
Entón, desde o 112 Galicia solicitouse a acción dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra.
Os Bombeiros conseguiron apagar o lume pouco antes das 3 horas, e a continuación comunicaron ao 112 Galicia a relación de danos: o lume queimou varias pezas de maquinaria almacenadas na corte e provocou a morte de dous becerros.