Este mediodía de luns, no CPI San Vicente da Baña, houbo unha concentración de protesta polo atraso no remate das obras que se están executando por parte da Consellería de Educación, e que contan cun orzamento de 1,16 millóns de euros.

«Obras inacabadas, goteiras garantizadas»
“Obras inacabadas, goteiras garantizadas” podíase ler nalgún dos carteis. Na comunidade escolar hai preocupación polo estado das obras e tamén se verten críticas contra a Xunta “pola falta de solucións”.
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira e a concelleira Mónica González sumáronse a este acto de protesta.


