Santa Minia volve a recibir a milleiros de romeiros e devotos

A romaría de Santa Minia de Brión achegáronse milleiros de persoaus procedentes das comarcas de Santiago, Barbanza, Xallas e Ordes.

Xa a véspera do día de Santa Minia a carballeira estivo totalmente chea durante a tirada de fogos de artificio e o espectáculo de luz e son na capela de Santa Minia, e tamén coa verbena protagonizada pola orquestra París de Noia.


E este mércores milleiros de devotos cumpriron coa tradición de bicar o sepulcro onde repousa a santa e pasar sobre el as típicas estampiñas de Santa Minia.

O Concello de Brión mantivo os cambios de emprazamento de edicións anteriores. Así, as atraccións infantís trasladáronse ata a finca fronte ao centro social polivalente, de onde partían os máis dun cento de postos de venda de rosquillas, roupa, chourizos, queixos, xamón ibérico, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, pulseiras, velas, imaxes relixiosas, música, zapatos, xeados…, así como varios food-tracks. Así mesmo, as orquestras trasladáronse a una parcela próxima ás polbeiras, para facilitar a instalación dos palcos e evitar danos na carballeira.

Devoción e festa

Cinco polbeiras que estiveron cheas desde a súa instalación, na noite do venres ao sábado. Non deixaron de vender racións de polbo e de churrasco, a uns prezos medios de 13 euros a razón. Hoxe, Día de Santa Minia, a espera media para entrar nelas roldaba entre os 10 e o 20 minutos, segundo informaban desde o concello.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, agradeceu o traballo dos operarios municipais, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, tanto de Brión como chegados doutras localidades, así como do persoal médico.

Amplo elenco de autoridades en Santa Minia

A comitiva de autoridades non foi pequena e escito composta por Pedro Blanco Lobeiras, delegado do Goberno en Galicia; Gonzalo Trenor López, delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña; e Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña.

Tamén asistiron alcaldes como José Blas García Piñeiro, Ames; José Antonio Pereira Gil, A Baña; Francisco Xabier Castro Tourís, Dodro; Manuel Ángel Leis Míguez, Negreira; Bernardo Fernández Piñeiro, Pontedeume e Diego Luís Díaz Méndez, Val do Dubra.

Tamén asistiron os concelleiros socialistas de Brión Carlos Noya Pereira, José Antonio Vidal González e Rosa Romero Fariña, así como a concelleira popular María Fariña Bellón.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos