Anuncian un atraso no proxecto de Seilán e critican á conselleira de Infraestruturas:
”A conselleira só deu evasivas e puxo pegas, non aportou ningunha solución”.
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira e a primeira teniente de alcalde, Mónica González anunciaron que o proxecto para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria no Seilán non é para agora.
«Descontentos e frustrados»
O proxecto que será financiado pola Xunta de Galicia, con 360.000 euros, vai a demorarse polo menos un ano. Así llo trasladou conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ós representantes do goberno da Baña.
“Estamos descontentos e frustrados. Unha obra moi importante para a veciñanza, que o Partido Popular anunciou a bombo e prato vai ter un retraso moi importante”, asegura José Antonio Pereira.
Pola súa banda, a concelleira Mónica González lamenta que “a conselleira non aportase ningunha solución alternativa aos problemas de mobilidade expostos pola veciñanza de Seilán e de Ordoeste”.
Segundo o alcalde da Baña, Vázquez Mourelle informou que o proxecto redactado pola Xunta ten un informe técnico desfavorable e haberá que modificalo. E coa tramitación prevista calculan que no mellor dos casos as obras non comezarán ata finais de 2024.
Tampouco hai partida asignada para este investimento pero desde a consellería comunicaron que agardan a súa inclusión dos orzamentos do ano vindeiro.
Seguridade peonil
Na Xuntanza, desde o concello da Baña tamén lle pediron a Ethel Vázquez algunhas actuacións na AC-546 para mellorar a seguridade peonil en Seoane, Ordoeste e Corneira, como pasos de peóns, entre outros.
“A conselleira só deu evasivas e puxo pegas, non aportou ningunha solución”, asevera Mónica González, polo que “saímos moi descontentos da xuntanza”, conclúe o alcalde.

