O concello de Santa Comba informou que se lograron “cubrir todas as demandas de atención que se solicitaban” no Servizo de Atención Temperá que comparten os concellos de Santa Comba e A Baña.
Nos vindeiros días serán 57 (seis máis que agora) os nenos e nenas que se benefician dun servizo público e gratuito que atende a poboación infantil de 0 a 6 anos ofertando valoración funcional e seguimento dos trastornos de desenvolvemento, así como apoio, información, habilitación e formación para as familias.
Prioridade absoluta
“Era una prioridade absoluta solucionar a lista de agarda nun servicio que consideramos fundamental para as nosas crianzas e as súas familias”, comenta Estefanía Calvelo, concelleira de Servizos Sociais, que engade que “a longo prazo o obxectivo é constituír una asociación para continuar a dar resposta a estas crianzas e ás súas familias dende que cumpran os 6 anos”.
Os concellos de Santa Comba e A Baña comparten este programa.
Recentemente, Estefanía Calvelo e Mónica González Blanco, primeira tenente de alcalde e concelleira Acción social, cultural e servizos á cidadanía da Baña mantiveron un encontro para tratar sobre este servizo.