O vindeiro sábado 30 de setembro celébrase a terceira edición de “O Show dos nosos contra o cancro” en Bembibre – Val do Dubra.
É unha actividade solidaria para recadar fondos para a loita contra o cancro.
Música e gastronomía
Desde as 20h haberá un espectáculo de humor e baile. E desde as 22h unha pulpada e churrascada a cargo da Pulpeira Luis Guerra. E non faltará a empanada.
A partir das 23,30h, haberá verbena con SON II. As actividades musicais son gratuitas e para a velada gastronómica hai 1.200 tickets á venda (aforo do polideportivo)
A data límite é o 24 de setembro. Hai distintos puntos para conseguir os tickets como Bar Esquina, Cafetería Reyva, Bar Cañota, Peluquería Flash, Modas Grille, Carnicería Raiola.
Nas últimas datas, famosos como Leo Harlem, Jesús Navas, Florentino Fernàndez, José Mota ou Santiago Segura enviaron mensaxes de apoio a este evento.
Este ano tamén organizouse a terceira edición dunha Andaina solidaria.