21.7 C
Santa Comba
domingo, abril 27, 2025

Colisión múltiple con dúas persoas feridas en Val do Dubra

Unha colisión múltiple deixa dúas persoas feridas e atrapadas en Val do Dubra

Os Bombeiros do Xallas acudiron a este sinistro para rescatar dúas persoas en coches distintos.


En total, foron tres os vehículos implicados na colisión, que se produciu na DP-1914, concretamente na Rúa Entrepontes, ao paso pola localidade coruñesa de Val do Dubra.
A información sobre este sinistro chegou ao 112 Galicia sobre as 7:30 horas desta mañá, mediante as chamadas de alertadores, pero tamén polo sistema ecall dun dos vehículos accidentados.

Deste xeito, activáronse os protocolos de actuación correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Xallas, Garda Civil de Tráfico e o apoio dos voluntarios de Protección Civil da localidade.


Cómpre indicar que a presenza dos bombeiros respondía á necesidade de liberar aos dous feridos, en vehículos distintos, que estaban, ademais, atrapados dentro dos coches. Unha vez fóra, os afectados foron atendidos polo persoal médico co seu posterior traslado ao centros sanitarios de referencia.

INFORMACIÓN DE AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos