13.9 C
Santa Comba
jueves, junio 13, 2024

Un home resultou ferido ao envorcar o tractor que manexaba en Negreira

Info- Axega 112

Os feitos ocorreron na finca dunha vivenda do lugar de Trece, en Liñaio, e o ferido foi evacuado ao centro hospitalario en helicóptero.


O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 9:45 horas desta mañá, cando o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 púxose en contacto alertando dun home que acababa de envorcar cun tractor. Durante a conversa indicaban que este permanecía liberado e accesible, pero precisaba asistencia sanitaria de urxencia.


Rapidamente, desde o 112 Galicia activouse un operativo que contou coa participación do GES de Brión, da Garda Civil, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Negreira.


Ao mesmo tempo, o persoal sanitario comunicaba que estaban a mobilizar unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que se encargou do traslado do ferido.

Foto- @HelicoSantiago – En Negreira hoy

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos