16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

“Xuventude 2023” un novo programa de emprego para Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e A Baña

Os concellos de Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e A Baña impulsan o programa de emprego “Xuventude 2023”, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O programa está dirixido a persoas mozas (menores de 30 anos) incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

En total beneficiará a 16 alumnos, oito en cada unha das seguintes modalidases: Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio e Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educación Infantil e Xuvenil.

O programa terá unha duración de 12 meses. Informan que a tramitación da oferta realizarase na maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio será a finais de setembro.

Máis información no 663728782 ou nos respectivos concellos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos