10.3 C
Santa Comba
sábado, mayo 10, 2025

Convenio do concello de Val do Dubra coa A.C. Emigrante

O Concello de Val do Dubra asinou un convenio de colaboración coa nova directiva da Asociación Cultural Emigrante, de cara á organización da tradicional festa municipal dubresa, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de agosto.

Asinaron o Convenio a presidenta da entidade, Mariña Bouzas e o alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Diaz, coa presenza da concelleira de Cultura, Celsa Oreiro; da vicepresidenta da AC Emigrante, Concha González e do seu tesoureiro Marco Baleato.

En breve coñeceremos o programa de actividades da Festa do Emigrante.

Noite de Cine

A área recreativa de Val do Dubra (Bembibre) acolle este sábado 22 de xullo unha “Noite de Cine”, coa proxección do film “Raya y el último dragón”(Walt Disney), desde as 22,30h.

Doazón de Sangue

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia estará o vindeiro 24 de xullo diante da Casa do Concello de Bembibre, de 16 a 21h.

Coidados porta a porta

O autobús do programa “Coidados porta a porta” estará os vindeiros 24, 25 e 28 de agosto no Campo da Feira de Bembibre en horario de 9 a 20h.

Ofrece servizos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía. Pódese pedir cita desde o 24 de xullo (622.74.82.83 – 623.546.992)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos