12.6 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Val do Dubra abre a súa piscina ata o 31 de agosto

Val do Dubra xa ten a súa piscina aberta en horario de 12 a 21h ata o 31 de agosto, coa circunstancia de que durante a primeira quincena o acceso será gratuíto.


Despois das correspondentes tarefas de limpeza e mantemento das instalacións, así como o selado do vaso, e a realización do contrato do servizo de socorrismo, as instalacións xa están operativas.Os prezos están establecidos na ordenanza municipal.


Tamén comezaron os cursos de natación que se desenvolven luns e mércores, de xullo, De 16.00 h. a 16.30 h. E de 16.30 h. a 17.00 h. Haberá actividades de inchables que se darán a coñecer a través das redes sociais do concello.


Esta semana botábase a andar tamén o Campamento de verán de Val do Dubra, con preto de 80 nenos participantes.

   PREZOS PÚBLICOS PARA O ACCESO Á PISCINA
  • Gratis para menores de 10 anos empadroados
  • Bono quincenal empadroados: 3,00 € / persoa
  • Bono quincenal NON empadroados: 20,00 € / persoa
  • Bono quincenal rapazada menor de 10 anos NON empadroada: 15,00 € / persoa

-Entrada adquirida nas propias instalacións: 1,5 € / persoa.

Hai redución dun 50% nos bonos quincenais para as persoas en posesión do Carné Xove

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos